Galicia- Produtos e Regiões Protegidas

Com muita cagança iniciamos aqui o que é, com toda a certeza, a primeira co-produção mundial galaico-portuguesa de blogs gastronómicos. Conduzidos por Manoel Foucellas, autor do Pantagruel, supongo, convido-vos a descobrir um pouco mais da Galiza, os grandes lugares pouco conhecidos do lado de cá da fronteira e algumas das melhores mesas da região autónoma. Vão ver que gostam e ficam fãs pelo que recomendo o prolongar da leitura nos links apensos. Depois, depois vão até à Galiza e verifiquem que são precisas mais que fronteiras políticas para destruir laços que se fundem na penumbra dos séculos.

"Galicia é un mundo en 28.000 Km2. É monte, é río, é historia, é, por riba de todo, costa. É, no gastronómico, materia prima – marisco, peixe, magnífica carne – pero tamén é berce dunha das escolas de cociña vangardista con máis pulo na España.

As visitas que non se deben perder son claras. 

(fonte-wiki)
Compostela, por suposto. 

(fonte-wiki)
A Torre de Hércules na Coruña, o farol en activo máis antigo do mundo, patrimonio da humanidade. 


(fonte-wiki)
O recuperado casco antigo de Pontevedra. Fermosas vilas como Combarro en Pontevedra, Ribadavia en Ourense ou Muros na Coruña. O fin do mundo, Fisterra (Finisterrae).

Pero hai recantos menos coñecidos dos que se pode gozar como nun segredo. A min gústanme os miradouros sobre a caprichosa costa galega. Nas rías altas, as máis descoñecidas, a garita de Herbeira elévase en cantís de 600 metros sobre o Atlántico. 

(fonte-wiki)
Perto, na garita da Vela, os aguillóns do impresionante cabo Ortegal

(fonte-wiki)
O Monte Pindo, non moi lonxe de Fisterra, é o olimpo dos celtas, lugar segredo de cerimonias paganas, que permite sobrevoar moitos quilómetros da terrible Costa da Morte. Máis no sul, Cabo Home afróntase ás paradisíacas illas Cíes; os montes de Santa Tegra, na Guarda, e Aloia, en Tui, amosan inmellorables panorámicas a ámbalas veiras da raia antes de que o Minho morra no océano

(fonte-wiki)
Non é costa, pero si ribeira: non se perdan a Ribeira Sacra, mistura entre história e pedra no esquecido interior de Galicia.

No comer tamén hai dúas Galicias. A tradicional, a de sempre, a do marisco, o peixe, a empanada, o 

Polbo a feira (fonte - wiki)
polbo, a carne da vaca galega. Ninguén se vai equivocar se prefire esta opción. 

Pero tamén hai vangarda sen perder as raíces: 

Navaja lima-limón, na Casa Solla (fonte-Pantagruel, supongo)
Casa Solla, en Poio (Pontevedra), un exemplo de renovación tralo cambio xeracional; Pepe Vieira, en Sanxenxo (Pontevedra), outro referente da nova cociña galega que encarna o Grupo Nove; completando un triángulo dourado en poucos quilómetros, 

Mejillones en tempura sobre crujiente de arroz y algas con espuma de su cocción , no Yayo Daporta
(fonte - Pantagruel, supongo)
o novo Yayo Daporta senta cátedra en Cambados (Pontevedra); 

Vieira con crema de erizo, na Casa Marcelo (fonte - Pantagruel, supongo)
na capital compostelá, o mestre Marcelo na súa Casa Marcelo; e, para pechar o repóquer de ases, completa a oferta da Ribeira Sacra 


Raviloli de grellos rellenos de lacón con crema de parmesano, no Galileo
(fonte - Pantagruel, supongo)
Flavio Morganti, italo-galego que exerce no seu Galileo (Pereiro de Aguiar, Ourense)."

E pronto. Ide então buscar terras de Finisterra, aproveitando para buscar e comprar alguns destes produtos de denominações protegidas:

BEBIDAS ESPIRITUOSAS
AGUARDIENTE DE HIERBAS DE GALICIA ; LICOR CAFÉ DE GALICIA ; LICOR DE HIERBAS DE GALICIA ; ORUJO DE GALICIA






Comentários

Nos últimos 30 dias...